Dentro do programa municipal de educación medioambiental este domingo 26 de maio realizarase un percorrido polo sistema dunar de Corrubedo, un dos ecosistemas máis emblemáticos de Galicia o “Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán”
De cara evitar que haxa inscricións que logo non acuden ao percorrido, habilitouse o seguinte proceso:
- Preincrición no 010 de luns a mércores pola mañá.
- Inscrición definitiva na Casa da Xuventude (López Mora 31) en horario de 10-14 e 17-20, abonando a cota establecida de 6 euros.
- As baixas que se produzan e as persoas que non cumprimenten a inscrición definitiva serán substituídas pola lista de agarda en estrito orde de preinscrición dende o mércores pola tarde ata o venres pola mañá, que será cando se peche o proceso.
Percorrido pola mañá (azul)
Sistema Dunar de Corrubedo. A Duna Móvil
Dificultade: baixa
Percorrido completo: 5,30 km
Duración aproximada: 2h.
Altura máxima: 24m
Altura mínima: 4m.
Pendente máxima: 4,1% - 5,6%
Percorrido pola tarde (vermello)
Sistema do Areal e dunas de Vilar a A Lagoa de Vixán
Dificultade: baixa
Percorrido completo: 3,55 km
Duración aproximada: 2h.
Altura máxima: 34m
Altura mínima: 0m.
Pendente máxima: 9,5% - 3,3%