Fuel Fandango abre mañana la programación cultural de la Universidad de Vigo

Tuesday, October 22, 2013
Aaxenda cultural deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria contará mañá cunha das bandas emerxentes do indieespañol. Trátase de Fuel Fandango, un grupo cordobés formado por Ale Acosta (ex membro de Mojo Project) e Nita, cantante cordobesa chegada da copla e do flamenco. Con dous discos no mercado, ofrecen unha proposta musical chea de mestizaxes con influencias do flamenco pero empregando como fío condutor a electrónica e o pop. Subiranse ao escenario do teatro da Cidade Universitaria mañá 23 de outubro.

No seu último álbum, Trece Lunas (2013) incorporan aos seus sons algo de rock e pop. En 2010 publicaron o seu primeiro disco, Fuel Fandango,acadando xa un gran éxito por parte da crítica e sumando adeptos tanto nacionais como fóra das nosas fronteiras.

En directo, dominan a posta en escena xa que antes de gravar o seu primeiro traballo, xa deran 80 concertos. Logo do seu disco de debut percorreron escenarios tan dispares que os levaron a Arxelia, Dubai, Romanía, Francia ou India.